A Consellería de Economía, Emprego e Industria incorporou na Xefatura Territorial de Lugo a Iria Fernández Vilaboa como xefa do servizo de Enerxía e Minas. A nova xefa de servizo é licenciada en Dereito pola Universidade da Coruña e ingresou na Administración autonómica en novembro do 2011, con destino na Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Traballo e Benestar.
O seu destino máis recente foi na asesoría xurídica de Infraestruturas Agrarias, na Xefatura Territorial de Medio Rural. Iria Fernández mantivo esta mañá unha primeira xuntanza co delegado territorial, José Manuel Balseiro, para tratar cuestións relacionadas co servizo.