Isabel Rodríguez pide á Policía Nacional que siga mantendo a Lugo entre as provincias máis seguras

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, felicitou hoxe á Policía Nacional con motivo da celebración do seu 196 aniversario, nun acto no que lle pediu aos mandos e funcionarios do Corpo Nacional de Policía que non “baixen a garda” para manter a Lugo entre as provincias máis seguras de España.

Tanto a subdelegada como o comisario xefe provincial, José María Esteban Corral, destacaron a eficacia da Policía no último ano.    a Comisaría provincial, asistiron tamén o subdelegado de Defensa, Fernando Brinquis Crespo; o coronel da Garda Civil, Miguel Ángel González Arias; o inspector xefe da Unidade adscrita á Policía Autonómica, Javier García Amigo, e o xefe da Policía Local, Jesús Piñeiro Santos.

A subdelegada lembrou que “as estatísticas sitúan, ano tras ano, a Lugo como unha provincia coas as mellores taxas de seguridade. E cómpre lembrar que iso débese, en gran medida, á vosa eficacia e a da Garda Civil, nos lugares que son da súa competencia. Naturalmente que non é posible vivir entre algodóns e que a seguridade absoluta non existe, nin aquí nin no resto do mundo porque aló onde hai convivencia poden xurdir desencontros e conflitos”.

Logo de case dous séculos de historia desde a creación da Policía Xeral do Reino, o antecedente do que hoxe é a Policía Nacional, a subdelegada remarcou que este Corpo 2está volcado na defensa dos dereitos e liberdades dos cidadáns e na protección da súa seguridade” e incidiu en que aquí en Lugo, como tamén nas comisarías de Monforte e Viveiro, “temos a sorte de contar con unha Policía Nacional realmente comprometida cos cidadáns”.

Rodríguez manifestou que “actualmente, son cada día máis frecuentes os delitos cometidos a través da Internet, que aumentan ao tempo que o fai o uso das redes sociais e o volume das compras online. Coa dificultade que leva aparellada a loita contra este tipo de delincuencia internacional que é cada vez máis sofisticada”.

Pola súa parte, o comisario xefe provincial fixo fincapé en que 2019 foi un bo ano, no que se cumpriron todos os obxectivos marcados e se acadaron boas taxas de eficacia policial. Por iso, felicitou aos mandos e policías nacionais da provincia e o agradeceu o traballo e os anos de dedicación a todos os funcionarios que se xubilaron no último ano.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com