A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, recibiu este sábado ao líder espiritual da comunidade senegalesa, Mame Mor Mbacke, que hoxe visita Lugo.
A subdelegada do Goberno deu a benvida ao líder espiritual da comunidade senegalesa e defendeu a importancia da integración no noso país da poboación senegalesa.
Pola súa parte, Mame Mor Mbacke agradeceu a boa acollida da subdelegada do Goberno e lembrou que a súa última visita a Lugo foi en 2013. Tamén destacou que España é unha terra de acollida e asegurou que a poboación senegalesa que emigrou ao noso país quere participar no desenvolvemento social e económico do país.