responsable comarcal do SLG da Mariña responsable comarcal do SLG da Mariña

Iván Rodríguez Lombardero, novo responsable comarcal do SLG da Mariña

O Consello Comarcal do Sindicato Labrego Galego (SLG) da Mariña acordou por unanimidade a remuda na coordinación comarcal da organización que viña desempeñando Antonio Villarino desde o ano 2001. O substituto de Villarino será Iván Rodríguez Lombardero, que traballa no SLG desde setembro de 2015 como responsable do local de Vilanova de Lourenzá.

Lombardero é xeólogo pola Universidade Complutense de Madrid e fixo o doutoramento na Escola Técnica Superior de Enxeñería de Montes, onde se especializou en Planificación Rural e Avaliación de Impacto Ambiental. Neste senso, o novo responsable comarcal do SLG na Mariña ten vinte anos de experiencia en proxectos nacionais e internacionais, foi consultor do programa CORDIS (Community Research and Development Information Service) da Comisión Europea, e traballou tamén nas administracións ambientais autonómica e local, ocupando a praza de técnico de Medio Ambiente durante tres anos no Concello de Ribadeo.

Ademais de responsable do local de Lourenzá, Iván Rodríguez Lombardero ten participado, dentro do SLG, en xornadas de eficiencia enerxética e sobre a loita fronte a couza guatemalteca. Actualmente, é representante do Sindicato Labrego na Rede de Decrecemento de Galicia, O Bierzo e Eo-Navia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com