Vía Galega vén promovendo diferentes campañas e iniciativas para propagar e popularizar os símbolos nacionais, nomeadamente o himno e a bandeira. O ano pasado Vía Galega, inaugurara como semana de exaltación e exhibición da bandeira galega a semana coincidente co aniversario do desenvolvemento, durante o 17 e 18 denovembro de 1918, da I Asemblea Nacionalista das Irmandades da Fala celebrada en Lugo.
Xa en 1988 o Concello de Lugo, sendo alcalde Vicente Quiroga, o goberno municipal conmemorara o 70 aniversario, cun acto no Hotel Méndez Núñez e a edición facsímile do Manifesto.
Vía Galega para celebrar a efeméride, “retomamos a campañas dándolle continuidade ao traballo iniciado o ano pasado e, así, durante a semana do 13 ao 18 de novembro cubrir toda a xeografía galega de bandeiras Galegas, engalanando fiestras e varandas”.
A campaña rematará o día 18 de novembro cun acto expansivo en diferentes localidades de toda Galiza, que consistiría en colocar bandeiras galegas en lugares vistosos para que perduren no tempo, a única bandeira que nos representa e nos identifica como galegas e galegos.