Este mediodía izouse na Praza de San Marcos a bandeira LGTBI+, que este ano ten entre as súas reivindicacións incrementar a visibilidade das mulleres lesbianas, bisexuais e transexuais, un xesto simbólico a favor das reivindicacións históricas do colectivo LGTBI para acadar unha sociedade que garanta os dereitos e a igualdade das persoas sexa cal sexa a súa identidade e
orientación sexual, nas vésperas do Día do Orgullo LGTBI que se celebra o vindeiro domingo, 28 de xuño.
No acto, inaugurase a exposición “Lugo Diversx. Orgullosxs de ser, vivir e amar libremente”, formada por 30 paneis en forma de siluetas humanas que recrean a loita LGTBI+ pola diversidade. A mostra, que poderáverse ao longo da vindeira semana na Praza e nos xardíns do Museo Provincial, viaxará nos vindeiros meses por toda a provincia.
Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales coma reconocerte cando volves á nosa web ou axudar ó noso equipo a comprender qué seccións da web atopas máis interesantes e útiles.
Xuñ 28, 2020 - 01:55 AM
Muy bien! El respeto por la libertad de elección! Saludos!