O Alcalde, José López Orozco, presidiu no mediodía de onte unha xuntanza convocada polo Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, con representantes dos grupos políticos da oposición para tratar sobre o 5% do Plan Xeral de Ordenación Municipal pendente de aprobación definitiva pola Xunta de Galicia.
Acordouse solicitar un encontro de traballo coa Consellería de Medio Ambiente, Infraestruturas e Territorio, para que os técnicos das dúas administracións confronten os seus pareceres, e tratar de desbloquear a parte do PXOM pendente de aprobación definitiva.
O voceiro popular Jaime Castiñeira afirmou que o goberno municipal é incapaz de liderar a aprobación do 5% pendente do PXOM. Para os populares o acordo non foi suficiente, e sinalaron que esta revisión “chega dous anos tarde”.
Jaime Castiñeira: