A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, Carmen Basadre, informou esta mañá de que o gañador do concurso de vídeo Olladas de San Froilán convocado polo Concello é Jaime Pardo Valdés, coa peza Días de festa, unha mirada diferente do San Froilán. Así o decidiu o xurado, formado por Christian Gutiérrez, Marcos Barrios e Iago Viana, que se reuniu esta mañá nas dependencias da Concellería de Cultura, na casa consistorial.
O vídeo de Jaime Pardo foi seleccionado entre a ducia de pezas presentadas ao certame co que o Concello busca difundir as festas patronais a través do audiovisual e que está dotado con 1.500 euros.