O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, respaldou hoxe o proxecto do alcalde de Láncara, Darío Piñeiro, de creación dunha senda verde aproveitando o trazado das antigas vías do tren. O delegado do Goberno viaxou a Láncara, acompañado pola subdelegada, Isabel Rodríguez, para coñecer o proxecto no que traballa o alcalde. Javier Losada e Isabel Rodríguez reuníronse na Casa do Concello co alcalde e membros do seu equipo de goberno, así como con técnicos municipais, para coñecer os detalles do proxecto e posteriormente efectuaron una visita á antiga estación do ferrocarril.
Ao término da xuntanza, Javier Losada anuncioulle a Darío Piñeiro o seu respaldo ao proxecto e lembrou que “este Goberno está absolutamente comprometido co desenvolvemento e modernización da provincia de Lugo e de concellos como Láncara”.
O delegado do Goberno eloxiou a iniciativa do alcalde, que constituirá un novo atractivo do concello de Láncara, polo que “se encadra na aposta do Executivo pola provincia de Lugo”. Losada comprometeuse a traballar para axilizar a desafección dos terreos de Adif e tamén anunciou que fará xestións para buscar a financiación necesaria para executar o proxecto que permita mellorar a accesibilidade e a humanización da zona.
Pola súa parte, o alcalde de Láncara explicou que lidera este proxecto, no que se quere humanizar o trazado de máis de un kilómetro das antigas vías do tren ao seu paso pola Pobra de San Xiao, coa creación de zonas verdes e a instalación de mobiliario urbano, “co obxectivo de recuperar para o disfrute dos veciños un lugar que é moi simbólico para nós, que foi moi importante durante anos na vida do concello e non queremos que acabe sendo unha zona absolutamente degradadada, temos unha oportunidade única e non queremos que esta zona quede abandonada”.
Na súa visita á Casa do Concello, o delegado do Goberno tamén asinou no Libro de honra do Concello de Láncara.