José Antonio Durán Rivas e o Club Deportivo Lugo chegaron a un acordo para a incorporación deste último como adestrador do equipo, na presente temporada.
A presentación do novo técnico do conxunto albivermello, terá lugar hoxe ás 19 horas na sala de prensa do estadio Anxo Carro.
Durán, recoñecido técnico galego, nado en Lugo, xa dirixira ao primeiro equipo do CD Lugo, nunha das súas etapas anteriores, e chega ao equipo tras máis de dez anos integrado na estrutura da entidade, primeiro como futbolista e despois como adestrador en diferentes categorías.