José Fernández toma posesión como alcalde de Navia de Suarna

O socialista, José Fernátndez, tomou este sábado posesión como Alcalde de Navia de Suarna. Fíxoo tras os resultados das Eleccións Municipais nas que o PSOE logrou a maioría absoluta, acadando máis do 55% do escrutinio, cun total de 457 votos. O Partido Socialista contará neste mandato con 5 dos 9 Concelleiros que forman o Pleno do consistorio.

O Alcalde socialista estará acompañado durante os próximos 4 anos no Goberno Municipal polos Concelleiros, José Manuel Álvarez Cruz, Manuel Gómez López, Manuel Romero Pérez e Eva Fernández Lorido.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com