O presidente da Xunta nomea a José Manuel Balseiro como novo delegado territorial da Xunta en Lugo. Así o anunciou Alberto Núñez Feijóo trala reunión semanal do Consello da Xunta. O parlamentario autonómico do PP substitúe no cargo a Raquel Arias, actualmente secretaria da Mesa do Parlamento.
Balseiro é natural do concello lucense de Cervo. Na súa conta de Twitter agradeceu a confianza depositara nel polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo e salientou que seguiría a traballar “con responsabilidade e ilusión” pola provincia e os seus retos e oportunidades.
Agradezo a confianza de @FeijooGalicia. Sigo a traballar con responsabilidade e ilusión pola nosa provincia os seus retos e oportunidades. https://t.co/jaBj5MGm7x
— Jose Manuel Balseiro (@BalseiroPP) 17 de noviembre de 2016