José Manuel Balseiro recibe ao piragüista olímpico Luis Gregorio Ramos Misioné

O delegado territorial da Xunta na provincia de Lugo, José Manuel Balseiro, recibiu esta mañá a Luis Gregorio Ramos Misioné quen foi, como deportista de elite, gañador de dúas medallas olímpicas.

O delegado amosou “o orgullo de contar entre os empregados públicos da Delegación territorial da Xunta cun dos mellores deportistas galegos do século XX, feito que acredita o seu amplo palmarés repleto de medallas nas súas participacións nos campionatos de España, europeos e nos xogos olímpicos”.

Misioné, foi o primeiro galego en gañar unha medalla en piragüismo e o primeiro galego en acadar un éxito olímpico, á marxe dos acadados polos futbolistas aló polos anos 20 e 30. Este lucense, que segue vinculado ao deporte, é vicepresidente do Club Fluvial da cidade. Conta entre os seus éxitos máis destacados cunha prata en Montreal 1976, na modalidade de K-4 1000 metros, e outra de bronce en Moscova 1980 en K-2 1000 metros e, tamén en, Belgrado 1975, unha medalla de ouro na categoría K-4 – 1000 metros na que foi tamén campión do mundo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com