O senador por Lugo e candidato polo Partido Popular ao Senado José Manuel Barreiro, declarou á saída do colexio electoral onde votou, que non percibe ese cansazo na xente por ter que votar de novo, do que se estivo a falar e considerou que a afluencia de votantes e como a doutras eleccións. Segundo o popular, que visitou varios colexios electorais, “estase a dar unha participación acorde con outros anos” e continuou “eu non percibo ese “astio” nos electores”. E rematou dicindo “confiamos en que esta xornada electoral vaia con normalidade, como está a suceder ata de agora, e que a participación sexa o máis alta posible”.
Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales coma reconocerte cando volves á nosa web ou axudar ó noso equipo a comprender qué seccións da web atopas máis interesantes e útiles.