José Manuel Cebral Varela foi elixido Secretario Xeral da Federación de Servizos á Cidadanía no Congreso Extraordinario da FSC que se celebrou en Lugo a pasada semana. Esta candidatura contou co apoio da 85% dos delegados e delegadas.
O novo Secretario Xeral vén do sector da Administración Local, é Secretario da Sección Sindical de CCOO na Deputación de Lugo e membro da Xunta de Persoal da Deputación. Tamén se elixiu a executiva provincial que estará integrada, ademais do Secretario Xeral polas seguintes persoas: Carlos Hermida Diéguez (Administración Autonómica), Marta Alameda López (Administración Local), José Manuel Quinteiro Vicente (Administración Autonómica) e Begoña Buíde Morandeira, (Correos).