José Manuel Peña Romay, Premio do XXXIV Certame Galego de Arte do Belén de Begonte

O pintor lucense José Manuel Peña Romay, ven de acadar o Premio do Certame Galego de Arte “José Domínguez Guizán” convocado pola entidade promotora do Belén de Begonte, dotado con 1.500 € e estatuiña de Sargadelos, pola súa obra “Praza Maior”.

Pola calidade do traballo, concedeuse Mención de Honra dotada con estatuiña de Sargadelos a Santiago Lago Canzobre, de Ferrol, pola súa obra “Néboa no cantón”.

Os premios serán entregados o 27 de xaneiro próximo, no decurso dos actos de clausura de “O Nadal en Begonte”, que se celebrará no salón do Centro cultural da asociación.

O Xurado estivo formado por Sagrario Sánchez Ramil, Xefa territorial de Cultura, Educación e Universidades da Xunta de Galicia; Sonia Varela García, Concelleira de Cultura de Begonte, directiva do Centro Cultural; Aurelia Balseiro García, Directora do Museo Provincial de Lugo; Gonzalo Sánchez Folgueira – “Zalo”, pintor; e, como Secretario sen voto, Xulio Xiz, presidente da entidade que convoca os premios.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com