A asemblea local do Bloque Nacionalista Galego en Rábade elixiu por unanimidade a José Sangiao Saá, xubilado e veciño de Rábade que será o candidato á alcaldía de Rábade.
Sangiao declarou “en primeiro lugar, quero agradecer ás compañeiras e compañeiros que decidiran que eu sexa a persoa que encabece o proxecto do BNG en Rábade, é unha honra, mais entre todas e todos daremos o mellor de nós para que Rábade conte cun novo proxecto que ilusione, xa que outro xeito de gobernar é posíbel”
De igual xeito, o candidato do BNG á alcaldía de Rábade salientou “coas ideas claras, con capacidade e con entusiasmo, potenciaremos os espazos públicos, mellorando o espazo urbano cun modelo máis acaído para as persoas; o modelo BNG de política municipal é mellorar a calidade de vida da veciñanza” e enfatizou ”queremos que as veciñas e veciños de Rábade sintan máis orgullo do seu concello, onde os seus servizos públicos, o seu benestar, a súa contorna formen un conxunto atractivo para poder desenvolver un proxecto de vida aquí, e o BNG é capaz de acadalo”