O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, foi elixido esta mañá novo Presidente do Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento nunha sesión extraordinaria do Pleno da entidade, celebrada na Sala de Xuntas do Pazo de San Marcos.
Neste pleno tamén tomaron posesión os deputados Pilar García Porto e Efrén Castro Caloto, en representación da institución provincial. Con estas novas eleccións, o Consorcio Provincial de Bombeiros constitúeno tres representantes da Xunta de Galicia e outros tres da Deputación.
Ademais, formarán parte do Consorcio aqueles Concellos da provincia que contan con parques de bombeiros. Incorpórase a alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida; a primeira tenente de alcalde de Monforte, Gloria Prada; o primeiro tenente de alcalde de Viveiro, Jesús Fernández; a rexedora de Vilalba, Elba Veleiro; o alcalde de Sarria, Claudio Garrido, que hoxe estivo representado polo concelleiro de Seguridade, Félix Seijas; e o rexedor de Chantada, Manuel Varela, que hoxe delegou no tenente de alcalde, Diego Otero.
Estes cargos de presidencia e vicepresidencia renóvanse cada vez que se renovan os cargos dalgunha das administracións consorciadas. Neste caso, como consecuencia da realización de eleccións municipais celebradas no mes de maio
Set 10, 2019 - 07:20 PM
O que moito abarca, pouco apreta, non serán demasiados choios?