Josito Pérez ratificado como número un de Podemos para as autonómicas

Podemos Galicia ratificou a candidatura de Antón Gómez-Reino como candidato a presidir a Xunta de Galicia nas vindeiras eleccións. O cabeza de lista conseguiu o apoio do 89,78% dos membros da agrupación morada cun total de 1537 votos. As eleccións internas de Podemos serviron tamén para designar ás persoas que participarán nas listas da coalición Galicia en Común-Anova-Mareas.

Así, a votación sitúa como cabeza de lista de Podemos por Lugo a José Manuel Pérez ‘Josito’. Asemade, a lucense Luca Chao será a número dous (detrás de Gómez-Reino) na provincia da Coruña, Marcos Cal en Pontevedra e David Bruzos en Ourense.

De todos os xeitos, o posto de Josito Pérez aínda está no aire á espera de que Anova comunique a quen elixe para dichas listas. A configuración da candidatura debe ser en formato cremalleira polo que Anova debería designar ao número un da provincia e, no caso de que opte por un home, o líder de Podemos Lugo quedaría relegado ao número 3 o que lle deixaría con poucas posibilidades de acceder á acta. Se Anova decide elixir unha muller, Josito Pérez podería ir de número 2.

De feito, o lucense xa amosou a súa desconformidade coas negociacións entre os socios de Galicia en Común – Anova que non reservaban o número un da provincia lucense para Podemos.

Novas relacionadas

  1. Tedás Cuen
    Feb 27, 2020 - 05:42 PM

    menudo panoli

    Reply
  2. Luis Díaz
    Feb 27, 2020 - 02:22 PM

    Queixaranse os de Anova de Podemos Lugo, eh. Qué te puedo dar que no te falte, eh.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com