Juanfran, adestrador UEFA PROL, comezou no equipo técnico da RFEF e de 2015 a 2018 foi adestrador as categorías inferiores do Levante, ata dirixir o Levante Atlético. A tempada pasada formou parte do staff técnico do Celta de Vigo.
Xunto a Juanfran chega como segundo adestrador Adrián Rubio (Vigo, 1980) ata o de agora técnico do Mondariz da Rexional Preferente galega e categorías inferiores do Celta. Foi, do mesmo xeito que Juanfran, futbolista profesional en equipos como o Celta de Vigo.
O técnico valenciano xa dirixe a sesión vespertina desta tarde no Anxo Carro de fronte ao partido de mañá fronte ao Numancia da xornada 37 da liga SmartBank.
Xuñ 30, 2020 - 10:28 PM
Haber! Oxalá me equivoque, esto non aí quen o arranxe