Katherinie Varela arranca a campaña convencida de que “temos o mellor equipo para gobernar Monforte”

A candidata do PP á Alcaldía arranca a campaña convencida de que “temos o mellor equipo para gobernar Monforte”. Así o puxo de manifesto a pasada noite na tradicional pegada de carteis que marca o inicio da campaña electoral na que estivo acompañada polos integrantes da súa lista e por afiliados e simpatizantes.

Este venres ás 21:30 horas o Partido Popular de Monforte celebra unha cea de confraternidade no Restaurante Don Manuel na que aproveitará para presentar a súa candidatura para os comicios do 26 de maio a todos os asistentes. Katherine Varela asegura que “temos a mellor proposta para Monforte e o respaldo do mellor partido para conseguir o éxito con este proxecto”.

Ilusionada e convencida de que Monforte necesita un futuro mellor, a candidata avanza ademais a presentación mañá sábado do seu programa electoral, un contrato que asinará con todos os veciños e veciñas para conseguir unha cidade mellor e con máis oportunidades para todos e todas. A cabeza de lista anima “á gran familia que forma o Partido Popular en Monforte” a sumarse a unha campaña “centrada en Monforte”, polo que un dos seus lemas centrais será ‘Contigo por un Monforte mellor’.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com