“La alegría del color” inunda de luminosidade á Capela de Santa María

Esta tarde tivo lugar a inauguración na Capela de Santa María da exposición itinerante La alegría del color, unha mostra que reúne unha trintena de obras do pintor coruñés José Ramón Iglesias, que traslada aos visitantes a través da arte e da cor a idiosincrasia galega, deixando pouco espazo á improvisación con representacións sintomáticas da realidade.

A cidade de Lugo é a terceira parada desta mostra que persigue que todo visitante que entre nela converta a súa tristeza en alegría, a traveso da intensidade e do silencio da cor, tras o seu paso por Madrid e por Santiago de Compostela, onde recibiu a visita dunhas 6.000 persoas en cinco meses.

Malia que as pinturas non seguen un fío condutor en canto á temática, e as diferenzas entre unhas e outras son notorias, toda a exposición do artista caracterízase pola cor e a base figurativa xeometrizada. Paraguas, Recordos ou El Concierto son algúns dos óleos máis destacados da exposición que se poderá visitar nas próximas semanas.

La alegría del color permanecerá aberta ata o 27 de xullo na Capela de Santa María, de luns a venres, de 10:30 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas, e as fins de semana de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 horas. A entrada é totalmente gratuíta.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com