‘La felicidad de los perros’, en pase único nos Codex

Na súa aposta polo cinema galego de calidade, os Codex presentan hoxe un pase único dun filme moi especial. O vigués David Hernández presentará esta tarde, a partires das 20.45 horas, a súa cinta La felicidad de los perrosun traballo de puro cinema independente que non obtivo ningún tipo de apoio institucional o subvención.

Hernández conta a historia de César e Sara, pais de familia que levan tempo sobrevivindo do traballo de peluqueira de Sara; unha vida rutinaria que remata cun cambio no interior de César.

Noutro senso, os Codex traen para este Nadal programación especial para os máis pequenos da casa con pases especiais dunha das obras mestras do Studio Ghibli, e obra de culto infantil do director Hayao MiyazakiLa princesa Mononoke. Estes pases especiais darán comezo mañá ás 18.00 horas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com