A alteta monfortina, Saleta Fernández, foi convocada pola Real Federación Española de Atetismo a proposta do seu Director Técnico, para a Selección Nacional. A Federación acaba de facer pública estos dias a lista oficial de atletas seleccioados que tomarán parte no Campionato de Europa de Seleccións que se desenvolverá na localidade fracesa de Lille do 23 ó 25 de xuño.
A esta convocatoria, á que concurren 52 deportistas, Galicia estará representada por tres atletas participantes entre as que se atopa Saleta Fernández, a atleta do Valencia Esports está a facer unha boa tempada que premia esta selección logo da renuncia da campiona olímpica Ruth Beitia. A de Monforte se atopa precisamente tras dela no ranking nacional con 1.82 m.