Lamas de Prado, máis de tres anos esquecidos

O Concello de Lugo leva meses percorrendo os principais barrios da cidade en busca da opinión da veciñanza sobre os puntos a mellorar. Pero os socialistas que gobernan na Casa Consistorial non son os únicos que se preguntan que é o que pode facer o Concello polos barrios; esta é a razón pola que os dous ediles do BNG visitaron hoxe a zona de Lamas de Prado, un barrio que suma máis de 3 anos esquecido polo equipo de Lara Méndez aínda tendo unha iniciativa aprobada polo Pleno para actuar no seu favor.

Na proposta que fora presentada, precisamente polo BNG, se recollía, entre outras cousas, a necesidade de mellorar a limpeza no barrio, eliminar as escombreiras -hoxe maiores, como cabía esperar-, manter os parques infantís e de repintar a sinalización horizontal.

O voceiro nacionalista no Concello, Rubén Arroxo, explicou esta mañá a situación na que se atopa o barrio. “A limpeza das berirarrúas é moi mellorable por que lle dan ao barrio un aspecto descoidado, ademais comprobamos como aínda quedan escombreiras nas inmediacións do centro comercial e existen puntos onde os submidoiros están abertos, sen tapa, o que supón un perigo para as persoas”. Ademais, Arroxo, referiuse tamén á necesidade mudar o pavimento dunha das zonas de xogo infantil situada na rúa Aquilino Iglesias Alvariño que “é a única que queda no concello con area, a pesares de que a alcaldesa anunciou no mes de mario a súa renovación”.

Rubén Arroxo sinalou que “o BNG seguirá traballando polos barrios para que Lugo funcione” e anunciou iniciativas para subsanar as deficiencias, neste caso, do barrio de Lamas de Prado. Durante a visita veciños e veciñas trasladáronlles aos representantes do BNG varias queixas e propostas para mellorar o barrio e os seus arredores.

Para o BNG, outro dos aspectos que é necesario renovar é o pintado da sinalización horizontal “principalmente os pasos de peóns precisan ser repintados por que neste momento hai moitos que a penas se ven igual que o resto da sinalización que está pintada na calzada” dixo Arroxo e referiuse especialmente á do cruzamento de Lamas de Prado con López Guntín.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com