Láncara abre o Museo Vivo e Integrado do Campo e da Locomoción Agraria

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro,  participou hoxe na inauguración do Museo Vivo e Integrado do Campo e da Locomoción Agraria (MUVICLA), que puxo en marcha en Trasliste (Láncara) Marcos Vázquez Marey, presidente do Colexio de Enxeñeiros Agrícolas de Lugo.

Balseiro gabou a singularidade desta iniciativa, que recupera “aspectos da nosa historia recente e axuda a entender o cambio que supuxo a introdución de maquinaria nos traballos agrícolas”. O delegado destacou que é o primeiro museo de Galicia destas características, “integrado nunha explotación en activo e con todas as máquinas en perfecto estado de uso”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com