Láncara conta cunha pista deportiva para fútbol, baloncesto, voleibol ou bádminton

Os veciños de Láncara contan coa súa primeira pista multideportiva deste Concello na que se pode practicar fútbol, baloncesto, voleibol ou bádminton, así como desenvolver torneos de diferentes modalidades deportivas. É un proxecto do Alcalde de Láncara, Darío Piñeiro, que se puido executar grazas ao apoio da Deputación,que decidiu financialo cunha partida provincial de 50.000 euros.

O Alcalde explicou que “decidimos situar a primeira pista multideportiva do noso Concello na Pobra de San Xillao, concretamente no contorno de Valdriz, porque é unha primeira fase do proxecto de humanización deste espazo a carón do río Neira que temos en marcha dende o Concello para que os nosos veciños desfruten desta fermosa zona verde do municipio. As seguintes actuacións que queremos desenvolver consisten na iluminación da pista deportiva e no acondicionamento do paseo do río”.

O Presidente provincial apuntou que “traballamos para ofrecer a todos os veciños da nosa provincia servizos públicos nos seus Concellos porque son necesarios e xustos para garantir a igualdade de oportunidades vivas onde vivas e combater o despoboamento demográfico. Ademais, apostamos pola promoción do deporte como un hábito de vida saudable. De feito, témonos convertido na 1ª Deputación de Galicia e na 3ª de España que máis inviste en deporte por
habitante”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com