Láncara mellorará a rúa Neira cunha nova zona de esparexemento

O Alcalde de Láncara, Darío Piñeiro López avanzou que o Concello está mellorando as infrestructuras viarias do Concello cun investimento de 93.000 euros. “Nestes intres estamos realizando obras na Rúa Río Neira na Pobra de San Xiao, para renovar as beirarrúas e eliminar as barreiras arquitectónicas, nun vial de moita relevancia no Concello xa que é onde está ubicado o complexo xerontolóxico da Veiga”.

O rexedor explica “con esta nova dotación respondemos ás demandas veciñais para mellorar as nosas dotacións públicas. Os traballos que se están realizando, e que rematarán nas vindeiras semanas, inclúen a eliminación de barreiras arquitectónicas, así como a construción de novas beirarrúas, xa que as había estaban en mal estado por mor do arbolado existente neste entorno”.

“Quero lembrar que estas obras están financiadas a través do Plan Hurbe, por iso quero reivindicar dende aquí a importancia da colaboración institucional entre tódalas institucións, goberne quen goberne”, espetou.

O proxecto de mellora desta dotación contempla o traslado das árbores á calzada, co que tamén se delimitará a zona de aparcamento. As obras contemplan prazas de estacionamento accesibles, así como a instalación de mobiliario urbano, como bancos e papeleiras. Tamén se instalarán rampas accesibles co que se facilitará a mobilidade aos veciños e os maiores deste entorno.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com