Lara Méndez acada o compromiso da Deputación para executar o novo pavillón polideportivo

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acadou esta mañá o compromiso da Deputación Provincial para cofinanciar, xunto ao Concello e a Xunta de Galicia, o novo pavillón multidisciplinar da cidade, co que o executivo municipal pretende dar cobertura á elevada demanda de instalacións deportivas na capital.

A rexedora reuníase hoxe co deputado de Deportes para explicarlle os detalles do proxecto Lugo Sport Life que estará situado na contorna do barrio multiecolóxico da Garaballa, ao carón da rúa Veiga Grande fronte a centro comercial As Termas.

polideportivo ocupará unha superficie de 3.490’60 m2 e disporá dunha pista central multifuncional, catro vestiarios e zonas de almacenaxe, adecuadas para competicións de fútbol sala, baloncesto, balonmán, minibasket, voleibol, bádminton, ximnasia rítmica e outros deportes de interior. Tamén contará cunha zona de recepción e un espazo de carácter social e con bancadas retráctiles que lle aportarán gran versatilidade ao recinto que terá unha capacidade de aforo para 1.000 persoas”, indicou a rexedora.

Lara Méndez lembrou tamén que o aspecto exterior do polideportivo respectará unha liña contemporánea no que a madeira – como sucede co edificio Impulso Verde – será protagonista en prol da sostibilidade e do aforro enerxético”.

No encontro, a rexedora tivo oportunidade de, seguindo os acordos plenarios que se acadaran por unanimidade, solicitarlle á Deputación, igual que fixo coa Xunta a semana pasada, a súa colaboración económica para sufragar o custo do pavillón – que ten un orzamento estimado de 2.940.000 euros.

Méndez quixo agradecerlle a Efrén Castro a receptividade amosada á proposta e o compromiso acadado para contribuír a seguir incrementando a carteira de equipamentos locais ao servizo do deporte de base, enxalzando a súa práctica “non só como espazo para socializar senón tamén para que as nosas nenas e nenos crezan en valores”.

Pola súa banda, o deputado provincial asegurou que “hoxe é un gran día para a cidade, e para o deporte, en tanto o acordo é un primeiro chanzo para conseguir esta instalación tan necesaria e tan demandada polos deportistas da cidade”, declarou Efrén Castro.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com