A alcaldesa celebra a boa acollida do Arde Lucus

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, celebra a boa acollida do inicio do Arde Lucus 2016. Para Méndez as festas comezaron “con bo pé” e cunha “gran implicación da xente” que acudiu a todas as actividades programadas para o inicio das festas.

A rexedora lucense percorría esta mañá o Macellum que abría hoxe as súas portas. Previamente, Lara Méndez e a concelleira de Cultura recibiron no salón de plenos aos gladiadores chegados de Italia, Ars Dimicandi.

Entre as actividades programadas para este segundo día de arde Lucus destaca a apertura da Castra de Lvcvs Avgvsti, así como actividades diversas nos campamentos, prazas e rúas. O prato forte de hoxe será a entrada las lexións romanas ao mando do xeneral Caio Antistio O Vello, ás 20:00 horas pola Ponte Romana. O programa de hoxe tamén inclúe bautizos e vodas celtas, así como espectáculos de pirotecnia, teatro e o Desafío dos Titáns.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com