Lara Méndez confirma que marcha do Concello para ir ao Parlamento Galego

Esta tarde en conferencia de prensa a alcaldesa Lara Méndez confirmaba a noticia que esta mañá sorprendeu a veciñas e veciños  da nosa cidade, o abandono da alcaldía para “acompañar a José Ramón Gómez Besteiro nun proxecto gañador, necesario e urxente”.

Así as cousas as especulacións comezaron a producirse por ver quen podería ser a persoa que ocupará a cadeira vacante, unha vez que Méndez presente  a súa dimisión. Por lóxica o primeiro tenente de alcaldesa , Miguel Fernández tería todas as papeletas para ocupar o cargo, pero neste momento, e segundo informacións da súa contorna, hai dúas compañeiras do edil que tamén estarían nas listas de posibles candidatas, Paula Alvarellos e Ana González Abelleira, pero para elo serían necesarias, unha ou máis dimisións.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com