A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, criticou esta mañá a irresponsabilidade do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Nuñez Feijóo, “desatendendo á cidade de Lugo” e incumprindo as promesas feitas no pasado período de campaña electoral autonómica.
“De casi ter a presenza de Feijóo en Lugo semana tras semana facendo anuncios, ningún cumprido, oito meses despois vemos como vén a un acto de partido, pero que a cidade de Lugo xa a ten olvidada. De todos eses compromisos, ningún cumprido”, expresou Méndez aludindo á visita do presidente da Xunta a Lugo, para acudir ao Congreso local do PP que terá lugar esta tarde.
Lara Méndez instou a Feijóo a dar respostas ás dúbidas interpostas no pleno de onte polo propio PP municipal en referencia á apertura do novo auditorio e afirmou que espera que o presidente faga un acto público respondendo aos lucenses cánto falta para que o edificio esté equipado.