A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, cualifica como “insuficiente” a partida de 1,2 millóns de euros aprobada onte pola Xunta para equipar o novo Auditorio.
Mendez sostén que este xesto amosa unha vez máis o “ninguneo” e a “falta de lealdade” do Goberno galego coa cidade de Lugo.
Neste sentido, a alcaldesa salienta que toda inversión para Lugo é benvida, “porque todo é necesario para saldar as débedas históricas que ten a Xunta de Galicia con Lugo”. Con todo, a rexedora considera “unha falta de respecto e lealdade institucional” aos lucenses o anuncio realizado “de xeito unilateral por Feijóo”.
Méndez critica ademais que non se coñeza primeiro a estimación do custo total do seu equipamento, tal e como se comprometera o Goberno galego durante unha reunión.