Lara Méndez declara nos xulgados por un suposto delito de malversación

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, foi citada para prestar declaración mañá no xulgado de instrución número uno da capital lucense como investigada por un suposto delito de malversación, por mor da causa aberta sobre o atraso no cumprimento dunha sentenza en materia de persoal.

A rexedora local asegurou que non se atopa inquieta nin “nerviosa”, como afirmaba o Partido Popular nas últimas semanas, aínda que ve “anormal” que se leve polo penal unha cuestión de índole administrativa.

O voceiro do Partido Popular, Antonio Ameijide, continuaba sen dar crédito esta mañá a que a rexedora manteña no cargo á traballadora pola que mañá vai declarar e que supostamente hai 22 que dimitiu. Asemade, o popular asegurou que o seu grupo puxo en coñecemento da xustiza o incumprimento por parte da rexedora de suprimir este cargo como lle indicou o Pleno.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com