A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada por membros da Corporación Municipal, participaron este domingo nos actos con motivo da celebración da festividade do Corpus Cristi. Xunto á comitiva municipal, presidida pola rexedora, tamén asistiu a Banda Municipal de Música de Lugo.