Lara Méndez explica en Bruxelas o modelo de cidade accesible de Lugo

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, ofreceu esta mañá unha conferencia na sede do Parlamento Europeo en Bruxelas na que explicou a acción política que desenvolve o Goberno local a favor da mobilidade e a accesibilidade universal. Fíxoo no marco dunha mesa redonda que xirou en torno ao título Teño o soño de que un día… a miña cidade teña en conta as discapacidades, expoñendo como modelo as actuacións desenvolvidas en Lugo durante os últimos vinte anos, as medidas actualmente en marcha e os retos de futuro, nos que se avanzará en gran parte grazas aos fondos europeos que conseguiu captar o Executivo municipal.

“É un orgullo que Lugo sexa exemplo de cidade inclusiva en Europa”, subliñou a rexedora, destacando igualmente as reaccións dos participantes tras a súa exposición, pois “puxeron en valor que unha cidade romana, con máis de 2.000 anos de historia, teña a capacidade de adaptarse á diversidade funcional dos nosos veciños e veciñas, e das persoas que nos visitan”. Isto, indicou, demostra “o gran traballo que se leva feito nos últimos vinte anos polas distintas Corporacións e sobre todo polos axentes sociais, que fan de Lugo unha cidade inclusiva e integradora”. “Quedan retos, pero entre todos faremos un Lugo para todos”, asegurou.

Na mesa redonda na que interviu Méndez tamén tomaron parte Inmaculada Placencia Porrero, experta da Comisión Europea sobre Asuntos Sociais, como moderadora, e Nadia Hadad, membro da Xunta da Rede Europea de Vida Independente, como poñente.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com