O xulgado de Instrucción número 1 de Lugo anunciou hoxe a decisión da súa titular, Pilar de Lara, de citar a declarar como investigada á alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, por unha denuncia presentada pola Central Sindical Independiente e de Funcionarios (CSIF) por un presunto retraso na execución dunha sentenza en materia de persoal.
Xunto a Lara Méndez tamén foron citados por de Lara para declarar, o exalcalde José López Orozco e a propia funcionaria implicada, Ana Sáez Mancebo. A denuncia vén dada polo suposto restraso no cese como letrada asesora da funcionaria, ordenado por unha sentenza do Tribunal Superior de Xustixa para antes de maio de 2016 e que o goberno local non o fixo ata xullo dese mesmo ano. A rexedora prestará declaración o vindeiro 21 de marzo de 2018.