A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, desprazouse este a Tirimol, onde mantivo un xuntanza con medio cento de veciños e veciñas. No encontro, a rexedora pediu o respaldo dos lucenses o vindeiro 25 de setembro para Leiceaga, “que ao contrario que Feijóo, ten propostas sólidas de país e unha resposta nova para que Galicia deixe de ser vagón de cola”. Nesta liña, Méndez lembrou “os recortes acometidos nos últimos 7 anos polo Partido Popular e por Feijóo, que pechou máis de 1.000 camas en hospitais, recortou en máis de 2.500 o número de profesores e destruíu máis de 38.000 postos de emprego; así como as promesas incumpridas con Lugo, que unha vez máis, sen ningunha vergoña, volve prometer”.
Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales coma reconocerte cando volves á nosa web ou axudar ó noso equipo a comprender qué seccións da web atopas máis interesantes e útiles.