Lara Méndez: “Lugo vai ter zona de baño pública”

A alcaldesa de Lugo Lara Méndez promete que Lugo “vai ter zona de baño público” o antes posible e anuncia que o Goberno local está buscando posibles localizacións alternativas á que inicialmente se barallaba, na zona de Os Robles.

“Lugo vai ter zona de baño pública. Isto é unha afirmación categórica que se vai converter esperemos que máis rápido que tarde nunha realidade para que os veciños e veciñas de Lugo teñan, como o resto dos cidadáns, unha zona de baño pública que poidan disfrutar e facer uso dela. Se por cuestións técnicas non se pode realizar onde estaba previsto realizalo de maneira inicial, porque hai un informe que di que non é unha zona apta para realizar unha zona de baño, haberá que buscar outra ubicación e niso estamos a traballar”, sinalou Méndez.

Tanto a rexedora lucense como o presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, saíron hoxe ao paso das afirmacións realizadas onte polo presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil que achacaba o feito de que o proxecto non saise adiante á deixadez da Deputación, que non presentou en tempo e forma a declaración de impacto ambiental. Campos aclarou que un informe dun organismo dependente co Ministerio do Medio Ambiente rexeitou de vez a creación dunha praia fluvial neste emprazamento por entender que é unha “zona núcleo”, conformada por espazos naturais protexidos.

A este respecto Campos sinalou que o presidente da Confederación Hidrográfica “non se entera”. “Primeiro di que non se pode facer a praia e onte vén e di todo o contrario”, resumía o presidente do ente provincial.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com