Lara Méndez nega desavinzas con Carmen Basadre trala adxudicación das casetas

A alcaldesa de Lugo Lara Méndez nega ter desavinzas coa concelleira de Cultura, Carmen Basadre, trala polémica adxudicación das casetas e caldeiros do polbo do San Froilán. Nos últimos días diferentes informacións apuntaban a existencia de desencontros entre a rexedora e a edil, especialmente logo de que fose a alcaldesa a que decidira reunirse co representante da empresa Bruxa Consulting, principal adxudicataria do proceso, sen contar coa presenza de Basadre.

“Evidentemente cada un pode opinar e dicir o que decida oportuno. Desavinzas coa concelleira de cultura ningunha”, subliñou Méndez.

A falta de dous días para que remate o pazo legal, a consultora madrileña aínda non entregou o aval necesario para facer efectiva a concesión. Con todo, Lara Méndez defende que “aínda están en prazo” e que non ter por que desconfiar de que Bruxa Consulting vaia cumprir. “Hai un proceso aberto e aínda están en prazo. Creo que se está xerando un problema onde non o hai ou poñendo en dúbida a lexitimidade de aqueles que poden legalmente concorrer a un proceso. Eu por responsabilidade, como administración, non o vou facer”.

De todos os xeitos, Méndez lembrou que o interese do Concello é “garantir o polbo no San Froilán”, algo para o que teñen “mecanismos que estamos avaliando e poñendo en marcha de forma coordinada”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com