Lara Méndez participa no I Foro Atlántico Medio de Cascos Históricos e Zonas Comerciais Abertas

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participa estes días no I Foro Atlántico Medio de Cascos Históricos e Zonas Comerciais Abertas que tivo lugar nas Palmas de Gran Canaria e no que se deron cita representantes municipais, autonómicos, estatais e colectivos de comerciantes de toda España para elaborar unha radiografía sobre os problemas que atravesa o comercio local e os retos que debe afrontar.

Un encontro no que a rexedora aproveitou para dar a coñecer o traballo desenvolvido polo seu goberno en materia de promoción do comercio local e de proximidade –  ao que xa se identifica coa marca propia Lugo É Capital – e no que tamén puxo de manifesto os logros acadados a través do CEI – Nodus en materia de fomento do emprendemento e consolidación de emprego.

Nesta cita, de carácter estatal, a alcaldesa mantivo contactos cos directores xerais de Comercio de Canarias e Aragón, así como co alcalde de Gran Canaria e representantes do Cabido Canario e dos comerciantes da Confederación Española de Cascos Históricos e do goberno de Canarias, estes dous últimos organizadores da xornada xunto ao colectivo de Zonas Comerciais Abertas e aos comerciantes de Triana.

Ao evento, tamén acudiu a subdirectora xeral do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, María Ángeles Rodríguez, á que Lara Méndez lle avanzou un proxecto piloto que estuda o Concello para o pequeno comercio lucense, unha iniciativa que foi moi ben recibida.

O relevo xeracional, o reto da modernización e dixitalización do comercio, a colaboración público – privada ou as características especiais do comercio nas zonas históricas e o protagonismo destas na promoción turística foron algúns dos asuntos abordados no marco das inquedanzas comúns para todas as cidades ao igual que outros aspectos como as axudas ao comercio minorista e a economía circular como eixo innovador no turismo responsable e sostible orientado á consecución dos obxectivos impostos pola axenda 2030.

Unha temática na que Lara Méndez abondou sobre o modelo de cidade verde e resiliente na que se está a converter Lugo e coa que está acadando unha gran proxección a nivel nacional como exemplo de municipio sustentable.

Xa na mañá de hoxe, tivo lugar unha mesa redonda sobre propostas de futuro para os Centros Históricos onde a alcaldesa destacou a importancia que estas zonas comerciais abertas teñen na promoción turística das localidades e trasladou o obxectivo marcado polo seu goberno de acadar que o Casco Vello acade a declaración de Patrimonio da Humanidade para o que, lembrou, se contempla un convenio de colaboración co Centro de Estudos da Cidade da Universidade de Santiago de Compostela ao obxecto de que prepare a devandita candidatura. “Un proxecto encamiñado a crear valor e riqueza a partir do noso patrimonio histórico, que debe ter tamén outro dos seus apoios na futura creación do Museo da Romanización no cuartel de San Fernando e que dotará a Lugo dunha identidade capaz de situar ao noso municipio como referente turístico indiscutible de todo o noroeste peninsular”, engadiu Lara Méndez.

Agora, a rexedora e os organizadores estudan que o II Foro Atlántico Medio de Cascos Históricos e Zonas Comerciais Abertas se celebre o vindeiro ano en Lugo, con motivo do Ano Santo Xacobeo.

Novas relacionadas

  1. Carlos Fernandez Peleteiro
    Feb 23, 2020 - 11:21 AM

    Pois haber si aprendeu algo? E o pon en practica urxente. Por que en Lugo centro cada día pechan máis negocios, de seguir así en pouco tempo parecerá unha cidade fantasma.

    Reply
  2. Oscar Poy
    Feb 23, 2020 - 10:50 AM

    ¿Habló del trabajo de su gobierno para promocionar el comercio local y de proximidad?

    Supongo que dentro del ciclo “Cosas que no debéis hacer vosotros”. :-/

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com