Lara Méndez pide ao 2019 que sexa o ano da “liberdade das mulleres”

 

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, felicitou o Nadal aos lucenses nun vídeo onde, entre os retos de 2019, fala da unión social para conseguir que sexa realmente “o ano da convivencia, da educación e da igualdade real”. Ese mesmo desexo é o texto das felicitacións institucionais do Concello lucense deste ano.

A rexedora, ademais de falar dos retos do vindeiro ano “persoais, de xestión municipal, de cidade, e ademais retos políticos”, centra a súa mensaxe na esperanza de acadar o dereito das mulleres “a vivir sen medo e en igualdade”.

Na mensaxe, que dirixe como “muller, como nai, como alcaldesa e como política”, lanza unha aspiración: “Que o 2019 sexa realmente o ano da liberdade das mulleres. Quero que a miña filla, como as vosas, se vexa libre de medos, que non teña que medir os seus pasos, que sexa libre de estereotipos, libre para vestir, pensar, xogar e actuar sen condicionantes”.

Para iso, pide, ante o risco de retroceder en dereitos “que nos costaron moito asentar”, un compromiso de mulleres e homes “para non dar nin un paso atrás nas conquistas logradas como sociedade como a lei da violencia de xénero” e “todos aqueles dereitos gañados pola cidadanía”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com