A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, pediu á cidadanía responsabilidade para evitar unha terceira onda despois do Nadal, logo de que a Xunta anunciara que permitirá entrar e saír dos municipios con peches perimetrais (tal e como é o caso da cidade de Lugo) entre hoxe, 23 de decembro e o vindeiro 25 de decembro.
A rexedora recordou que Lugo continúa co peche perimetral, aínda que segundo os datos facilitados pola Consellería de Sanidade confirmase que “Lugo segue mellorando e baixando a incidencia acumulada a 14 días”.