A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presidiu este mércores no Salón de Plenos a presentación das dúas últimas publicacións da autora luguesa, Mar Castro, NETiqueta. Comunicación en Entornos Digitales e Etiqueta & NETiqueta. Generación Digital. No acto tamén estiveron presentes o Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, e o director e editor de Nova Galicia Edicións, Carlos del Pulgar.
Na presentación, a rexedora destacou ”o traballo realizado por Mar Castro con estes dous libros, nos que plasma uns asuntos de tanta relevancia na sociedade actual, como son os da comunicación en distintos espazos tecnolóxicos e a utilización que facemos das novas tecnoloxías”.