Lara Méndez presenta o programa electoral socialista nas parroquias lucenses

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, mantivo este sábado un encontro coa veciñanza en Nadela, onde lles achegou os diferentes compromisos do Partido Socialista, “o único partido que pode conseguir o goberno do cambio a partir do 26 de xuño”.

Na xuntanza, Méndez pediulle ao medio cento de veciños e veciñas que se achegaron ao colexio Manuel Mallo Mallo o voto para o PSOE. “Votar aos socialistas é dicir si a un emprego de calidade e con dereitos, si a erradicar a pobreza, si a unha reforma xusta e progresiva, si aos autónomos, si a modernizar a economía, si á igualdade, si á loita contra a violencia de xénero, si á educación, si ás pensións públicas e si a un Estado de Benestar igualitario”; subliñou a rexedora, quen abordou os dereitos conseguidos grazas a gobernos socialistas, o estado do benestar, da man de Felipe González e o estado de igualdades, con Zapatero. “Agora é momento de conseguir o estado das oportunidades con Pedro Sánchez”, asegurou a rexedora.

Lara Méndez continuará coa visita ás parroquias lucenses durante a campaña electoral, achegándose mañá domingo, ás 21:00 horas, á escola de Rubiás.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com