Lara Méndez reúnese ca presidenta da Asociación de Veciños da Residencia

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, mantivo este venres unha reunión coa presidenta da Asociación de Veciños e Comerciantes da Residencia, Cecilia Vázquez, un encontro no que a rexedora lle ratificou “o compromiso e apoio continuado do Concello ás reivindicacións dos residentes deste barrio, que supoñen o 15% da poboación total do municipio”.

No encontro, que se enmarca dentro da toma de contacto directo de Méndez cos veciños e cos colectivos que os representan, adiantoulle a Vázquez que solicitou unha reunión co Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para “abordar as prioridades, demandas e proxectos necesarios para garantir o benestar dos veciños e o desenvolvemento económico do Concello, entre os que se atopa a dotación do antigo Hospital Xeral de novos servizos sanitarios de calidade”.

Nesta liña, Lara Méndez afirmou que “os populares desmantelaron e condenaron ao olvido ao barrio da Residencia. Prometeron un centro propio para os veciños da zona, situar un Punto de Atención Continuada, levar o laboratoio de Referencia e ata desdobrar o centro da Milagrosa, pero non fixeron nada malia as demandas e sucesivas manifestación dos veciños e responsables políticos do Goberno municipal e provincial de Lugo”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com