Lara Méndez solicita entrevistas coa Ministra de Fomento e cos presidentes da Deputación e a Confederación Hidrográfica

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, enviou sendas cartas á Ministra de Fomento, Ana Pastor, á presidenta da Deputación de Lugo, Elena Candia, e ao presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Francisco Marín Muñoz, para abordar conxuntamente iniciativas pendentes destes organismos coa cidade e sacar adiante novos proxectos de dotación e mellora de infraestruturas e servizos que aumenten a calidade de vida e o benestar dos lucenses, ademais de favorecer a creación de emprego e o desenvolvemento económico.

No caso de Fomento, entre outras cuestións, a Alcaldesa plantexará, entre outros moitos proxectos, a construción da estación intermodal, a chegada do AVE a Lugo ou o mantemento da ponte branca. Coa Confederación está pendente o estudo de hidrolóxico e hidráulico do municipio, necesario para a aprobación da totalidade do PXOM e coa Deputación, o proxecto de iluminación do paseo do Rato.

Lara Méndez enmarca esta rolda de contactos, que arrancou co Presidente da Xunta,  na súa vontade “de manter un diálogo institucional aberto, fluído e cordial co resto de organismos co fin de sacar adiante xuntos iniciativas positivas para Lugo”.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com