A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, supervisou esta mañá as obras para mellorar a accesibilidade na Praza da Soidade. Méndez estivo acompañada da Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Abelleira, o Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, o vogal de barreiras arquitectónicas de Auxilia, Aquilino González, o presidente e coordinador de Cogami-Lugo, José Luis Celeiro e Juan Gude, e a técnico de Fademga, Marta Franco.
Durante a visita ás obras, a rexedora fixo fincapé na mención especial acadada por Lugo o pasado martes nos premios europeos de accesibilidade. Con este accesit, “faise unn recoñecemento a unha traxectoria dun traballo iniciado polo anterior Goberno, encabezado por Orozco, e que nos continuamos, e se cabe con máis ímpetu, para intentar que Lugo sexa unha cidade 100% accesible”. Así mesmo subliñou que que “isto non significa que esté todo feito, pois quedan reivindicacións que seguimos intentando cubrir e solventar, para ter unha inclusión real”.
Nesta liña, Méndez agradeceu aos colectivos o seu traballo pola accesibilidade, un traballo que no Concello se fai de xeito conxunto e transversal dende distitnas áreas, xunto coas asociacións, para que a igualdade universal sexa unha realidae. As tarefas, consisten na pavimentación e revestimento de solos. Deste xeito, substitúese o adoquín por baldosa de granito para crear itinerarios que lles permita ás persoas con mobilidade reducida desprazarase por estes emprazamentos.
Concretamente, na Praza da Soidade, realizouse un itinerario accesible ao carón da Capela e o Museo Provincial, que conecta de xeito accesible a Praza da Soidade coa Praza de Armayá, con Santo Domingo e coa Rúa Nova.