A xa exalcaldesa de Lugo, presentou esta mañá a dimisión como primeira edil do Concello e, ata que resolva o Psoe a sucesión, que terá que ser antes de dez días, o seu posto será ocupado polo concelleiro do BNG Rubén Arroxo que exercerá de alcalde en funcións.
A partir deste momento os socialistas deberán desenlear o nó gordiano da sucesión que polo que semella, a cousa non debe de estar moi doada.
O que parecía que ía ser un mero trámite, esta a converterse nunha loita polo poder entre un edil e unha edil socialistas, con axudas externas polos dous bandos. Nestes momentos o máis certo é a incerteza de quen dos dous acabará erguendo o bastón de mando. De todos os xeitos, todas as posibilidades están abertas neste momento, todas.