A Comisión Representativa dos 58 traballadores do hipermercado E.Leclerc, situado no Centro Comercial Abella, xunto coa CIG, informaron hoxe a través dun comunicado que xusto este venres vén de pecharse a negociación do ERE de extinción dos contratos de traballo do persoal desta empresa en Lugo polo que, de non chegar a un acordo entre a representación do propio hipermercado e os donos da Area Comercial do barrio lucense, E.Leclerc pechará as portas do seu negocio o vindeiro 31 de xaneiro.
Tras a Asamblea de traballadores celebrada o pasado día 5, na que se aceptaron por unanimidade certas condicións, a negociación destes empregados co hipermercado remata hoxe cun acordo no que se estipula a aplicación da revisión salarial pactada no convenio colectivo para este 2018 e o incremento, a maiores, dun 2% a todo o persoal.
Asemade, entre as condicións do acordo, os traballadores percibirán unha indemnización de 30 días por ano, e no suposto de chegares a acordo entre E.Lecler e a dirección do Centro Comercial, antes do 31 de xaneiro, os empregados non poderían perder os seus postos de traballo, quedando sen efecto o ERE; e, de non darse este suposto, establecen como prazo de execución do expedente de 31 de xaneiro a 15 de abril, pois aínda que o peche sexa o último día deste mes, uns 20 traballadores debería permanecer para levar a cabo funcións de desmontaxe do centro de traballo.
Asimesmo, a Comisión Representativa e a CIG deixaron constituida unha Comisión de Seguimento durante o periodo de execución do ERE. Os empregados valoran positivamente os termos acadados no acordo e “agardamos e instamos dos negociadores que fagan o máximo esforzo para facer posible a continuidade doE.LECLERC o que garantizaría moitos postos de traballo na cidade de Lugo”, rogan na súa misiva aos medios.